FRANCISCO CASTRO EN CONCERTO ACÚSTICO O XOVES 17 DE XULLO ÁS 20 HORAS NA FUNDACIÓN SALES DE VIGO
O músico e escritor vigués estreará novas cancións nun concerto íntimo
O músico, escritor e editor Francisco Castro, ofrecerá vindeiro xoves, 17 de xullo, na Fundación Sales (na Avenida de Europa) e ás 20 horas, un concerto en formato acústico e íntimo no que, ademais, presentará algunhas das súas novas cancións.
Este formato de concerto combínase cos que está a facer coa súa banda polo conxunto do país. Este verán, o músico vigués ten unha apretada axenda e este será o seu único concerto na súa cidade natal.
Francisco Castro ofrecerá unha experiencia cercana e íntima co público, diferente ao habitual dos grandes escenarios en auditorios, teatros ou ao aire libre. O músico poderá comunicarse así directamente cun público que vai estar sentado practicamente á súa beira en íntima complicidade.
A entrada (10 euros) pode collerse na porta da Fundación no momento do acceso ao concerto.